Benvidos á Costa da Morte!!






Con este blog pretendo achegarvos un pouquiño ó lugar onde pertenzo.
Como moitos de vos xa saberedes é un espazo máxico
que nunca deixa
de sorprender ( sobretodo se temos en conta o aspecto político, je je) .
Se vos gusta a natureza, a artesanía, a historia, a lenda e sobretodo estar
no finisterrae anímovos a visitar esta fantástica zona de Galicia.
Aquí tendes algunhas fotos dos meus lugares favoritos. Non hai moitas polo dagora xa que non sabía que esta semana íamos facer un blog, pero hei de procurar engadir máis.
Dedícollo a meu irmán Oscar que tamén era un amante destes currunchos e me acompañou en moitas ocasións a percorrelos.
Por certo, perdón polos erros que puidera cometer ó usa-la lingua galega. En Vimianzo o 95% da poboación somos castrapo-falantes e cometemos moitísmos erros no emprego do galego.
Corrixídeme se fai falla.
Saúdos
Domingo 16 de Decembro, 2007
¡Ola de novo! Como veredes engadin máis fotos. Espero que vos gusten ainda que con fotos non se consiga expresar a grandiosidade da Costa.
